Ecos da Comarca/Agolada

Este xoves produciuse un accidente de tráfico no municipio de Agolada. No mesmo viuse implicado un único vehículo que se saldou cunha persoa ferida. Tivo lugar na N-640 á altura do quiómetro 150 na parroquia de Ferreiroa xunto ao desguace de Agolada, unha curva onde hai accidentes frecuentes.
Publicidade
O suceso ocorreu sobre as 14:30 horas. "Fo un particular o que nos chamou e cando contactamos con Urxencias Sanitarias estas tamén xa estaban avisadas por un particular e xa enviaran unha ambulancia ao punto", informa o 112 Galicia. "Tratouse dunha saída de vía e o coche quedou envorcado".
Publicidade
Con estes datos, ademais de Urxencias Sanitarias, deu aviso ao GES de Lalín, aos Bombeiros de Deza, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Agolada.
Publicidade
"Os bombeiros tiveron que facer unha pequena excarceración, tiveron que cortar un parabrisas para sacar o condutor e único ocupante, que en principio, as súas feridas non revestían gravidade, pero si necesitaba asistencia sanitaria", indica o 112.
Comments