Un coche sáese da vía, choca contra unha árbore e cae por un desnivel en Antas de Ulla
- ecosdacomarca
- 10 jun
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
Esta tarde produciuse un accidente de tráfico no municipio de Antas de Ulla. No mesmo viuse implicado un único vehículo e saldouse cun mozo ferido. O 112 Galicia foi alertado uns minutos antes das 18:30 horas.

O suceso ocorreu na N-640 á altura de Castro de Amarante, tal e como informa o GES de Monterroso. Ademais, explica que o vehículo saiuse da vía, impactou contra unha árbore e caeu por un desnivel duns 2 metros de altura.
Publicidade
Ademais do GES de Monterroso, ata o lugar desprazáronse unha ambulancia do 061, o Servizo de Mantemento da Estrada e a Garda Civil de Tráfico. O GES de Monterroso axudoulle ao condutor, e único ocupante, a saír do desnivel. En principio, queixábase só de dor de peito, polo que foi trasladado ao PAC de Palas de Rei, tal e como sinala o GES.
Comments