top of page

Un coche impacta contra un camión dun circo que se desprabaza a Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

Foto de arquivo.

O 112 Galicia foi alertado este luns por un aparatoso accidente de tráfico na AG-53 (Ourense-Dozón) á altura da localidade ourensá de Piñor. Tratouse dunha colisión dun coche contra un camión. Como resultado, o condutor do primeiro vehículo tivo que ser trasladado a un centro sanitario, pero por sorte, as súas feridas non revestían gravidade, a pesar do gran choque. O 112 Galicia foi alertado escasos minutos das 18:15 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O camión que transportaba artiluxios dun circo desprazábase dende Salceda de Caselas a Lalín e estaba parado no vial debido a unha avaría cando o coche impactou contra el.


Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarios, os Bombeiros e a Garda Civil de Tráfico.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page