top of page

Un coche envorca tras unha saída de vía en Arca

Ecos da Comarca/O Pino

Este mércores produciuse un accidente no municipio do Pino. Tal e como informa o 112 Galicia tratouse dunha saída de vía na que o coche acabou envorcado.

ree
Foto de arquivo. Autor: Ecos da Comarca.

Ocorreu uns minutos antes das tres da tarde en Arca, en concreto, na estrada que enlaza O Pedrouzo coa parroquia de Bama, en Touro. "A persoa que conducía e única ocupante quedou ferida aínda que xa estaba fóra", informa o 112.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O 112 Galicia avisou ao 061, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Arzúa e aos Bombeiros de Santiago de Compostela.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page