top of page

Un coche envorca en Silleda e sáldase cunha persoa ferida leve

29 nov 2021
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Silleda

Este luns, preto das dúas da tarde, produciuse un accidente no municipio de Silleda. En concreto, tivo lugar na estrada PO-505 preto do enlace da AP-53 dirección a Estrada.


A Policía Local de Silleda foi a que alertou ao CIAE 112 Galicia e indicoulle que había unha persoa no interior do vehículo. O 112 Galicia, tal e como informa a este medio, avisou a Urxencias Sanitarias de Galicia, aos bombeiros de Deza e á Garda Civil de Tráfico.


Tempo despois, os bombeiros comunicaron ao 112 que a persoa non estaba atrapada, pero si ferida, aparentemente leve, e que saíu pola parte traseira do coche. De seguido, foi atendida polo persoal sanitario no propio lugar do accidente.

Foto arquivo.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page