Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Este xoves pola tarde produciuse un aparatoso accidente no municipio de Vila de Cruces, concretamente na parroquia de Camanzo. O suceso ocorreu sobre as cinco da tarde.
O vehículo por razóns que se descoñecen sufríu un accidente e acabou envorcado. No mesmo viaxaban dúas persoas, pero por sorte, non houbo que lamentar danos persoais. "A condutora, unha moza que reside en Santiago, pero que ten familia en Vila de Cruces, saíu polo seu propio pé", subliña Protección Civil de Vila de Cruces.
Ademais de Protección Civil do municipio ata lugar tamén se desprazou a Garda Civil.

Comments