top of page

Un coche choca contra o muro perimetral da finca dunha casa na parroquia agoladesa de Artoño


Ecos da Comarca/Agolada

Este sábado produciuse un accidente no municipio de Agolada. O mesmo ocorreu sobre as 8:00 horas e saldouse sen feridos, a pesar da aparatosidade do sinistro, xa que o vehículo acabou colisionando contra o muro perimetral da finca dunha vivenda da parroquia de Artoño.

O coche impactou contra o muro. C.D.

O suceso ocorreu no lugar da Capela á altura do número 1. A casa afectada xusto está situada no cruce que divide as parroquias de Artoño e Berredo. "Eu non me enterei e miña nai pensou que caera algo no baixo. El viña de Fontelo e ao parecer pegoulle o sono", cóntanos o propietario da vivenda. O condutor, e único ocupante, saíu polo seu propio pé e a priori non tiña ningunha ferida. Trátase dun mozo que traballa en Agolada.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ao lugar só se desprazou unha grúa para retirar o vehículo. "O coche volcou, pero el mesmo logrouno virar", puntualiza o dono da casa.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page