Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes
Este mediodía rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Sobrado dos Monxes. Tal e como informa o Gabinete de Comunicación do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña, os bombeiros do parque comarcal provincial de Arzúa foron alertados ao redor das 12:30 horas deste martes dun accidente de tráfico acontecido na estrada AC-231 ao paso da vía polo municipio de Sobrado dos Monxes.
A incidencia foi ocasionada por unha saída de vía na que un turismo caeu por un pequeno desnivel anexo á estrada. Unha vez chegados ao punto, o persoal sanitario informou que a persoa involucrada xa se atopaba fóra do turismo.
Publicidade
Ademais, debido a que non se presentaba ningún derrame de líquidos, a estrada quedou operativa en todo momento.
Publicidade
No operativo tamén participou a Garda Civil de Tráfico da Coruña, o 061 e o GES de Friol.
Comments