top of page

Un ciclista resultou ferido ao caer da súa bicicleta en Monterroso

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Monterroso

O 112 Galicia foi alertado sobre as 11:30 horas deste domingo por un accidente en Monterroso. En concreto, tratouse duha caída dun ciclista.

Tal e como informa o 112 Galicia o helicóptero medicalizado con base en Santiago aterrou no quilómetro 11 da LU-P-3301 (Ligonde) para atender á persoa implicada.


Foi un particular que se atopaba nese mesmo punto quen se puxera en contacto co 112 Galicia ás 11:30 horas.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Unha vez informados, os efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaron a saída da aeronave medicalizada con base en Santiago. Ademais, tamén interviñeron os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O GES de Monterroso tamén foi informado, pero non fixo falta a súa intervención.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page