top of page

Un ciclista perdeu a vida en Lalín

As forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias que rodean ao suceso



Ecos da Comarca/Lalín

Un ciclista perdeu a vida en Lalín. As forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias que rodean ao suceso, tal e como informa o 112 Galicia.

Foto de arquivo.

Daban as 18:40 horas da tarde cando o 112 Galicia recibía o aviso por parte dun particular dun ciclista que precisaba asistencia sanitaria urxente debido a que estaba inconsciente no chan. O suceso produciuse na EP-6004, entre o quilómetro 4 e 5, en Gresande, Lalín.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Axiña, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os cales só puideron confirmar o falecemento da persoa.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A maiores, os xestores do 112 Galicia tamén informaron aos Bombeiros de Silleda, ao GES de Lalín, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page