top of page

Un ciclista foi atropelado en Boqueixón

Ecos da Comarca/Xeral

Foto de arquivo.

Un ciclista resultou ferido tras ser atropelado por un vehículo na parroquia boqueixonesa de Lestedo. Ata o punto desprazouse un helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tal e como informa o 112 Galicia. O suceso ocorre ás 12:29 horas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

O accidente rexistrouse no quilómetro 329 da N-525, e un particular narrou os feitos aos xestores do 112 Galicia: o ciclista atropelado permanecía ferido pero consciente.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a participación dos servizos sanitarios, mobilizados a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, da Garda Civil de Tráfico, dos voluntarios de Protección Civil de Boqueixón e dos servizos de mantemento da estrada.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page