O suceso tivo lugar esta tarde no alto de Carragoso, en Xaxán
Ecos da Comarca/Lalín
Un ciclista sufriu unha caída esta tarde na estrada que une os municipios de Lalín e Vila de Cruces. O suceso tivo lugar no alto de Carragoso, na parroquia lalinense de Xaxán, tal e como informa o 112 Galicia.
Sobre as 17:47 horas deste xoves un particular alertou ao 112 Galicia para avisar de que había un ciclista no chan e que estaba ferido.
O 112 Galicia mobilizou ao 061, aos bombeiros de Silleda, aos GES de Lalín, a Policía Local e a Garda Civil.
Cabe mencionar que este non foi o único suceso ocorrido este xoves nesta estrada. Pola mañá, houbo unha saída de vía cun ferido. Toda a información desta nova no enlace:
Comments