top of page

Un ciclista ferido de consideración tras ser atropelado en Sobrado dos Monxes

Un helicóptero medicalizado evacuou á vitima


Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes

Fonte de arquivo. Autor: Sergas

Un ciclista foi atropelado esta mañá en Sobrado dos Monxes. Un helicóptero medicalizado trasladou á vitima, que resultou ferida de consideración.


O suceso ocorreu sobre as doce deste mediodía. Foi a esa hora, cando o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informaba ao 112 Galicia dun ciclista atropelado na estrada de Sobrado, no punto quilométrico 14 da AC-934, en Codesoso.

Tras valorar a situación, os profesionais sanitarios mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que acudiu co equipo médico a bordo. O 112 Galicia nada mais ter constancia do accidente, informou á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Arzúa, aos membros do GES de Curtis e aos efectivos de Protección Civil da localidade.


Así, tras tomar terra no mesmo lugar do suceso, a aeronave trasladou ao ciclista ferido ao centro hospitalario de referencia.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page