top of page

Un ciclista, evacuado en helicóptero tras bater coa súa bicicleta contra un poste no Pino

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/O Pino

Un ciclista bateu contra un poste na N-547, ao paso por Arca, no concello do Pino. Debido á importancia das súas lesións, o ferido foi evacuado en helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).


Foi unha persoa particular quen, ao fío da unha da tarde de hoxe, contactou co 112 Galicia para pedir asistencia para o deportista, tendido na vía despois de bater contra o poste.

Así, ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron da situación aos axentes da Garda Civil de Tráfico, que enviaron medios para coñecer as circunstancias do accidente.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page