top of page

Un ciclista choca contra un corzo en Calvos de Randín e outros dous compañeiros tamén quedan feridos

Ecos da Comarca/Xeral

Trasladado en helicóptero un ciclista logo de bater contra un corzo en Calvos de Randín (Ourense). Outros dous ciclistas tamén resultaron feridos, tal e como informa o 112 Galicia.

Foto de arquivo.

Un particular implicado no suceso avisou ao 112 Galicia do accidente pouco despois das 12:00 horas. O alertador explicou que el, xunto con outros dous compañeiros, estaban realizando unha baixada pola OU-303, no quilómetro 1, cando se viron sorprendidos por un corzo. O choque provocou que un deles quedase ferido sobre a estrada.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Con isto, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Xinzo, GES de Muíños e Garda Civil de Tráfico.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

Posteriormente, os membros do GES  de Muíños indicaron que finalmente foran tres os feridos tralo choque. Un deles tivo que ser trasladado ata o hospital de referencia a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page