top of page

Un certame, unha marcha, unha exposición, un documental e teatro para conmemorar o 8M en Palas

Laura Moure/Palas de Rei

O Centro de Información á Muller (CIM) de Palas de Rei programa para conmemorar o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, unha serie de actividades, entre elas un certame de tarxetas, unha marcha pola igualdade, unha exposición e distintas obras teatrais.


En primeiro lugar, convócase o Certame de Tarxetas 8M Día Internacional da Muller, un concurso no que participan o alumnado matriculado nos colexios de Antas de Ulla, Palas de Rei, Guntín, Portomarín, Monterroso e Friol, sendo o tema da tarxeta a muller e o seu traballo hoxe.

Despois, celebrarase a III Marcha pola Igualdade, co lema Pola igualdade real!!! Muller nin máis nin menos, que será o día 8 de marzo, mércores, ás 10:30 horas, con saída desde a Praza do Concello ata a Praza da Ulloa, na que participará todo o alumnado do colexio e o instituto de Palas de Rei, así como o seu profesorado, e toda a xente da vila que queira formar parte da mesma. "Coa que pretendemos reivindicar a “igualdade legal en igualdade real e palpable e convidamos a toda a sociedade a estar unidos fronte os retos en materia de igualdade: Conciliación, Fenda Salarial, Teitos de Cristal e Violencia Machista", subliña o CIM palense.


Mentres, do 22 de febreiro ata o 8 de marzo, no IES do Camiño haberá unha exposición, visionado e talleres interactivos do documental de Mabel LozanoChicas nuevas 24 h, documental que coloca o punto de vista na mirada perversa do gran negocio que supón a esclavitude sexual.


Ademais, o mércores, 8 de marzo, ás 13:00 horas, no Centro Comarcal da Ulloa, levarase a cabo presentación do documental Emprender en feminino. "É un documental que pon en valor o emprendemento das mulleres de Palas de Rei, con entrevistas ás protagonistas, a través das cales coñeceremos os retos que tiveron que afrontar para poder emprender no rural e a súa historia actual, poñendo o foco no seu futuro como mulleres ao fronte dunha empresa. Contar cal foi a traxectoria destas mulleres e como foron desenvolvendo a súa actividade no concello".


Por outra banda, o sábado, 11 de marzo, ás 20:00 horas, terá lugar a representación teatral na Casa da Cultura do Concello de Palas de Rei por parte da Compañía Metástase Teatro, coa obra Ao carón das palabras. "Esta amosa un sorprendente universo teatral que serve para reflexionar sobre a educación que recibimos a través dos relatos populares, palabras que posibilitan que nos introduzamos no mundo do xogo, palabras que permiten louvar, ferir, curar, violentar, aloumiñar, afundir".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por último, o domingo 12 de marzo, ás 18:00 horas, haberá unha representación teatral na Casa da Cultura do Concello de Palas de Rei por parte da Compañía Alentía Teatro, coa obra Contos na escada. "Son historias que fomentan valores como a solidariedade, a tolerancia, a igualdade, a cooperación, o compromiso, e a cultura da paz e propugnan un modelo de xustiza e igualdade de oportunidades para todos e todas, especialmente para aqueles seres humanos máis desfavorecidos, reflexionan sobre o papel das novas tecnoloxías na nosa sociedade".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page