top of page

Un centenar de profesionais da saúde e o deporte déronse cita na 1ª xornada de MyTrainingsPal en Lalín

Reuniu a Alberto Mouriño, Alejandro Molinero, Andrea Alexanco, Daniel Gama, Nacho Vázquez e Jaime Asensio para abordar unha nova forma de adestrar


Laura Moure/Lalín

MyTrainingsPal reuniu en Lalín a un centenar de profesionais da saúde e o deporte de toda España para abordar como adestrar en 2026 combinando metodoloxía, neurociencia e tecnoloxía. A startup lalinense deseñou unha plataforma que optimiza a administración, controla reservas, xestiona pagos e ofrece aos clientes dos centros nunha app móbil personalizada.

O encontro contou con seis profesionais de referencia en adestramento, readaptación e tecnoloxía deportiva. Para abrir o encontro, Alberto Mouriño, PhD, explicou que a maioría dos procesos de adestramento e readaptación céntranse só en variables físicas, ignorando o papel da toma de decisións, a atención e o control executivo no rendemento e a lesión. A dobre tarefa adestra ao sistema nervioso en contextos combinando forza, percepción, adaptación e decisión.


A seguinte charla foi da man de Alejandro Molinero, especialista en respiración e regulación do sistema nervioso aplicada ao rendemento e ao movemento. Analizou como a respiración e o estado do sistema nervioso condicionan a calidade do movemento, a forza, o rendemento e a recuperación. Os asistentes aprenderon a identificar patróns respiratorios limitantes e aplicaron protocolos prácticos para optimizar o estado autonómico e preparar ao deportista antes do adestramento ou a competición.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Andrea Alexanco, de VALD, empresa patrocinadora do evento, falou da integración práctica de plataformas de forza, dinamometría e tecnoloxías de seguimento dentro de centros de adestramento e readaptación. Os asistentes coñeceron ferramentas para analizar forza, saltos, asimetrías e déficits ocultos, comprendendo como utilizar a medición obxectiva para optimizar decisións, seguimento e percepción profesional do servizo.


Seguiulle Daniel Gama, fundador de Homo Plasticus e especialista en movemento e dor, quen ofreceu un relatorio sobre a toma de decisións no tratamento de persoas con dor, analizando como intervir de forma coherente e eficaz máis aló do síntoma. A través dun modelo integrado entre planos mecánico, neuromuscular e perceptivo, expuxéronse estratexias para regular o sistema, recuperar capacidade e optimizar a progresión do paciente.


Nacho Vázquez, fisioterapeuta especializado en readaptación de lesións de ligamento cruzado anterior, explicou a importancia de utilizar criterios obxectivos e tecnoloxía aplicada na readaptación de lesións complexas como o LCA. Abordáronse estratexias para identificar déficits de absorción e control, diferenciar limitacións de forza e problemas motores, e optimizar decisións crave como o Return to Running e a progresión de cargas.


Jaime Asensio, especialista en avaliación da calidade do movemento e retorno ao deporte, puxo o foco na análise do movemento en fases avanzadas de recuperación deportiva, integrando observación de patróns de desprazamento, datos cinemáticos e cinéticos, e análises de vídeo. Ademais, mostráronse ferramentas e criterios para combinar valoración obxectiva e cualitativa dentro dunha progresión coherente cara ao retorno ao deporte.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Para finalizar a xornada, Carlos García do centro deportivo 7Metros, realizou unha demostración práctica sobre como planificar un mes completo de adestramento utilizando MyTrainingsPal. A través dun caso real, mostrouse como organizar valoracións iniciais, interpretar datos e transformar a información nunha programación estruturada, optimizando a toma de decisións e a xestión diaria do adestramento.


O evento concluíu cun networking con cocido no Restaurante A Molinera.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page