top of page

Un cazador foi evacuado en helicóptero ao resultar ferido tras o ataque dun xabaril en Cruces

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Un cazador resultou ferido e necesitou ser trasladado nun helicóptero medicalizado, no concello de Vila de Cruces, logo de sufrir o ataque dun xabaril.

Foto arquivo. Autor: Sergas.

O feito sucedeu no lugar de Vilanova, parroquia de Camanzo, preto das catro e media da tarde. A esa hora, o propio home contactou co 112 Galicia para narrar o acontecido e solicitar asistencia médica. Ademais, para asegurar a chegada dos medios de emerxencias ao lugar, o cazador facilitou a súa posición por coordenadas aos xestores do CIAE-112. Acto seguido, estes informaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061, que mobilizaron a aeronave medicalizada de base en Santiago, ata a zona, na que o varón foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.


Ademais, desde o 112 púxose a situación en coñecemento da Garda Civil e dos membros do GES de Lalín e de Protección Civil do municipio por ser fose preciso prestar apoio no lugar.

ความคิดเห็น


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page