Ecos da Comarca/Arzúa

As condicións metereolóxicas adversas deste martes provocaron distintas incidencias nas estradas. Entre estas, destaca unha saída de vía dun camión. Tivo lugar nunha curva na saída da parroquia arzuá de Boente. Máis dun lector informounos deste accidente.
Publicidade
Un dos lectores avisábanos sobre as 18:30 horas e outro sobre as 20:15 horas indicábanos que o camión seguía e que obstaculizaba un dos carrís polo que estaba a Garda Civil de Tráfico para regular a circulación.
Non transcenderon máis datos.
Publicidade
Comentarios