Un camión sofre unha saída de vía en Boimorto
- ecosdacomarca

- 22 sept 2021
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 23 sept 2021
O suceso tivo lugar nas Corredoiras, na parroquia dos Ánxeles
Ecos da Comarca/Boimorto
Un camión sufríu unha saída de vía esta tarde no municipio de Boimorto. O suceso tivo lugar na AC-934 á altura do quilómetro 30 nas Corredoiras, na parroquia de Os Ánxeles (Boimorto), tal e como informa o 112 Galicia.
Pasados uns minutos das catro da tarde un particular deu alerta ao 112, indicando que o condutor se queixaba dalgunha dor, pero que estaba liberado e accesible.
O 112 Galicia mobilizou ao 061, aos bombeiros de Arzúa, a Protección Civil, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento de estradas.







Comentarios