top of page

Un camión saese da vía no municipio de Agolada

Ecos da Comarca/Agolada

ree
O operativo establecido para retirar o camión. Autor: Rafael Méndez.

Este martes un camión saiuse da vía no municipio de Agolada, tal e como se pode aprezar na imaxe. O afectado, tal e como nos informa un veciño do lugar, foi un camión que transportaba zahorra e sucedeu na estrada EP-3602 Berredo-Brántega á altura do quilómetro 2,5, entre A Baliña e o Galiñeiro.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información!

"Orillou ao cruzarse cunha camioneta e como xa lle pasou non fai moito a outro camión. A camioneta deuse a fuga. Segundo o condutor do camión non puido máis que botarse fóra porque viña de frente todo pola esquerda", indícanos o veciño Rafael Méndez.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información!

"Esta estrada ten moi bo firme, pero é moi estreita e a pesar de haber limitacións de velocidade nalgúns puntos a 30 e a 40 non se respectan para nada", lamenta Méndez.


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, sinala que "para sacalo foi preciso quitar a carga por medio dunha retroexcavadora e máis dúas grúas de gran tonelaxe".


Cabe mencionar que o pasado 31 de xaneiro outro camión envorcara no mesmo punto. A noticia disto no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-cami%C3%B3n-envorcou-no-municipio-de-agolada-esta-madrugada

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page