IsmaelRS/Melide

Ao redor das 11 desta mañá produciuse unha saída de vía no termo municipal de Melide, máis concretamente na AC-840 á altura de Trasmundi.
No mesmo suceso, só se viu afectado un camión, que transportaba penso para animais. O mesmo quedou fóra da vía, o que non limitaba a circulación polo lugar, quedando o mesmo volcado e encastrado nunhas árbores.
O condutor tivo que ser trasladado polos servizos sanitarios ao hospital de referencia, segundo confirmou o equipo de Protección Civil do municipio ao 112. O 112 Emerxencias puxo os feitos en coñecemento dos Servizos Sanitarios, Garda Civil de Tráfico, Policía Local, Bombeiros de Arzúa e Servizo de Mantemento da Estrada.

Comments