Un camión envorca na parroquia agoladesa de Ventosa
- ecosdacomarca

- 31 ene 2022
- 1 Min. de lectura
O vehículo que transporta gando ía baleiro e non houbo feridos

Ecos da Comarca/Agolada
A estrada PO-212, que enlaza os concellos de Agolada e Rodeiro, rexistrou esta tarde un accidente de tráfico no que se viu implicado un camión. Por razóns que se descoñecen o vehículo envorcou nunha curva ao seu paso pola parroquia agoladesa de Ventosa.
Ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Agolada. Por sorte, non houbo feridos e o camión, que transporta gando porcino, ía baleiro no momento do accidente.







Comentarios