top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Un camión envorca en Arzúa tras sufrir o seu condutor unha indisposición

Ecos da Comarca/Arzúa

Este mércores produciuse un accidente na N-547 á altura do quilómetro 64, un pouco antes da entrada do casco urbano de Arzúa, vindo de Santiago. Un tráiler envorcou na cuneta, sen obstaculizar a circulación. O 112 Galicia foi avisado polo propio condutor uns minutos antes das 13:30 horas.

Tal e como informa o 112 o ferido indicoulles que sufrira unha indisposición e como consecuencia saíuse da vía.


Publicidade

Ata o lugar, desprazáronse Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico e o Servizo de Mantemento da Estrada. Tamén tiveron constancia dos feitos a Policía Local de Arzúa, que se desprazou ata o punto.


Outro accidente

Cabe mencionar que non foi o único accidente ocorrido este mércores nesta estrada e neste municipio. Máis información no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/saen-polo-seu-propio-p%C3%A9-e-pola-vent%C3%A1-traseira-tras-envorcar-co-seu-coche-en-arz%C3%BAa



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page