top of page

Un camión de transporte de vacas que se dirixía a Silleda envorca na A-8 á altura de Abadín

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Os servizos de emerxencias traballan para a retirada do vehículo, que envorcou no quilómetro 555 na A-8, á altura de Abadín, en sentido Santiago e quedou atravesado na calzada. A persoa que viaxaba como acompañante precisou asistencia sanitaria, tal e como informa o 112 Galicia. Trátase dun camión dunha empresa asturiana que transportaba vacas e que se dirixía a Silleda.


Publicidade  

Pouco despois das 4:30 horas desta madrugada, un particular alertou deste accidente rexistrado na parroquia de Quende. No momento do aviso, os implicados saían da cabina polos seus propios medios. O condutor do camión tamén contactou co 112 Galicia para solicitar asistencia sanitaria para o seu acompañante.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No operativo participan Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os axentes da Garda Civil de Tráfico confirmaron que xa está reestablecida a circulación pola A-8.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page