Un camión de leite "perde" unha das dúas cubas que levaba á altura da parroquia agoladesa de Artoño
- ecosdacomarca

- 14 may 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
Esta domingo produciuse un accidente na estrada PO-840 á altura da parroquia agoladesa de Artoño. O suceso ocorreu sobre as 14:00 horas.

Un camión de transporte de leite que circulaba dirección Melide e levaba dúas cisternas, perdeu unha das cubas que saíuse da vía, rompendo o quitamedos e caeu para un prado.
Ata lugar desprazáronse Protección Civil de Agolada, o alcalde, Luis Calvo, e tempo despois a Garda Civil de Tráfico.
O tráfico foi desviado pola estrada secundaria que dá acceso ao lugar de Buxel xa que o eixe da Cuba quedou obstruíndo a circulación.








Comentarios