Laura Moure/Lalín
Un camión que transportaba ladrillos volcou parte da súa carga ao redor das 15.30 horas deste martes na AP-53, ao seu paso polo municipio lalinense, en dirección a Santiago de Compostela.
O propio condutor deu alerta ao 112 Galicia e no lugar persoáronse axentes da Garda Civil de Tráfico, Policía Local e persoal do servicio de mantemento. O vehículo circulaba polo carril de adiantamento o que provocou que os ladrillos quedasen esparcidos por varios carrís. Nas labores tamén participaron as empresas dezás Grúas Lalín Deza e Excavaciones Daniel. "Eu cheguei sobre as cinco da tarde e tardei sobre unha hora en deixar todo limpo. Levoume algo de tempo porque cada cazo que cargaba tíñanme que cortar a circulación a Garda Civil de Tráfico", explica Daniel Taboada, responsable de Excavaciones Daniel.
Operarios durante as labores de retirada da carga.
Autor: D. Taboada
留言