top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Un camión cisterna permanece atrapado entre dúas casas en Dozón

Todo apunta a que o condutor seguiu as indicacións do GPS

O camión atrapado en Dozón.

Autor: J. Cuñarro

Laura Moure/Dozón

Non é a primeira vez que acontece que o GPS indica unha ruta por onde non debería. Todo parece sinalar que foi o que lle aconteceu esta tarde ao condutor dun camión ao seu paso polo lugar da A Eirexa, en O Sisto, no municipio Dozón. Quedou atrapado entre os muros de dúas vivendas e aínda traballan, cerca das 22:00 horas, para retirar o vehículo.


"Están á espera de que veña unha pá xiratoria e unha grúa, pero non sei se agardarán a mañá cando sexa día para sacalo porque é complicado", indica un veciño do lugar. "Desviouse da pista principal e foise metendo e quedou encaixado entre dúas casas e xusto é un camiño que fai curva e é moi estreito", explica. "E parece ser que foi o GPS que o mandou nesa dirección", engade.


O camión é dunha empresa de Abadín, Lugo.

Quedou atrapado nunha curva.

Autor: J.Cuñarro


A grúa xa chegou ao lugar.

Autor: J.Cuñarro



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page