top of page

Un camión cisterna de leite envorca na estrada que une Sobrado dos Monxes con Arzúa

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Os bombeiros interviron para sacar ao condutor do vehículo que saíu ileso


Ecos da Comarca/Sobrado

A estrada que enlaza as localidades de Sobrado dos Monxes e Arzúa, a altura deste primeiro municipio, rexistrou na madrugada deste xoves un accidente de tráfico. No mesmo, viuse implicado un camión cisterna do leite que acabou envorcado na cuneta.


No operativo interviron os bombeiros e por sorte, o condutor saíu ileso a pesar da aparatosidade do siniestro. Tamén se persoaron no lugar os axentes da Garda Civil de Tráfico e de Seprona, que tiveron que controlar que o vertido do leite do camión non afectase en gran medida ao río que por alí pasa.

O camión accidentado en Sobrado. Autor: Cedida.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page