top of page

Un camión chocou contra un dos postos do mercado gandeiro de Becerreá, ferindo a un home


Ecos da Comarca/Xeral

Foto de arquivo

Este domingo un camión impactou contra un dos postos do mercando gandeiro de Becerreá. Como consecuencia un home resultou ferido, tal e como informa o 112 Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Foi un particular quen deu aviso ao 112 Galicia pasadas as 8:30 horas desta mañá: un camión estaba a manobrar no campo da feira de Becerreá cando chocou contra un dos postos, provocando a caída dunha das persoas que se atopaba no lugar.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Ademais de resultar ferido, un dos alertadores engadía que o home perdera a consciencia.


No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page