O suceso tivo lugar esta tarde na saída cara Antas de Ulla
Ecos da Comarca/Monterroso
A localidade de Monterroso rexistrou esta tarde un accidente sobre ás 17:30 horas. Tal e como informa prensa do 112 Galicia un camión colisionou contra un tractor que levaba unha cisterna. Con motivo do impacto prendeu lume na parte dianteira do camión, que foi apagado con extintores.
Foi un particular o que deu aviso. Ademais dos servizos sanitarios, alertaron ao GES de Monterroso e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Comments