Un camión caeu por un desnivel no concello do Pino
- ecosdacomarca
- 17 abr 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/O Pino
Esta mañá rexistrouse un accidente de tráfico no municipio do Pino. O 112 Galicia foi alertado ás 10:26 horas. Tal e como informa o 112 Galicia o vehículo implicado saíuse da vía e caeu por un desnivel.

En concreto, tratouse dun camión e o accidente tivo lugar na N-634.
"O condutor do camión abandonou o vehículo polos seus propios medios, pero recibiu axuda dos Bombeiros de Arzúa, que o subiron nunha padiola ata a estrada, pero ningún ferro impedía o bo acceso á cabina", puntualiza o 112.
Comments