Un camión averiado na N-640 á altura do casco urbano de Agolada afecta á circulación
- ecosdacomarca

- 17 sept 2021
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
Un camión que transportaba maquinaria agrícola sufriu unha avería na N-640 á altura do casco urbano de Agolada. Quedou parado preto do cruce da estrada de Melide, polo que afectou á circulación. O incidente tivo lugar sobre as 13:00 horas e foi retirado aproximadamente ao cabo dunha hora.
Ao lugar desprazáronse axentes da Garda Civil.







Comentarios