top of page

Un boi de Arzúa bate récords no seu prezo na central agropecuaria de Silleda

Ecos da Comarca/Silleda/Arzúa

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA de Silleda celebrou hoxe, como cada martes, as súas poxas de gando vacún de becerros de recría, becerros carniceiros e vacún maior. Foi nesta última categoría na que este mercado superou unha vez máis o seu récord absoluto en canto ao prezo pagado por un exemplar.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Se ata hoxe o máximo estaba nos 10.469 euros pagados por un boi de raza mestiza o 1 de marzo de 2022, esta mañá situouse nos 10.498 euros. O animal, que foi adquirido por Frigoríficos Bandeira, é un boi de raza mestiza con etiqueta Vaca e Boi de Galicia nacido en agosto de 2019 e pertencente a unha explotación de Arzúa (A Coruña).




留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page