top of page

Un bo número de membros do GTR Galaico Run participou no Trail Orixes Mondariz

Ecos da Comarca/Lalín

A pasada semana foi o Campionato Galego Ultra da Federación Galega de Montañismo en Mondariz, no Trail Orixes Mondariz. Ata alí desprazouse un bo número de membros do GTR Galaico Trail Run.

"Na distancia Ultra participou Adrián en 5:09 horas e Óscar Mariño que se retirou por unha escordadura no nocello. A carreira foi recortada en 10k polas condicións climatolóxicas que fixeron imposible cruzar o último río pola enchenta", explica o cluce de Deza.


Publicidade

"Alberto Villamor na distancia maratón tívose que retirar por problemas estomacais cando xa levaba 3/4 de carreira unha mágoa por que foi sempre entre os cinco primeiros. Na distancia Trail 26k conquistamos o 2° posto por equipos grazas a suma de bos resultados obtidos por Bruno Ferradás que chegou 7º da xeral e subeu  2° no pódium da cat. Veterano A;  Juan Ramón Gómez Novoa que segue nun gran estado de forma e chegou 22º. Cerca chegou Martín Costa 29º, José Antonio Ferreiroa 45º, metendo a catro integrantes entre os 50 mellores. Tamén correu Mari Portela quedando 5ª na súa cat".


Publicidade

Na distancia de 14k participaron Óscar Vázquez, Isa González e Bárbara Sánchez.

"Grazas a organización e voluntarios que puxeron todo da súa parte para que a pesar das condicións climatolóxicas tan adversas nos sentiramos como na casa".



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page