top of page

Un avión tivo que aterrar de emerxencia no aeroporto de Santiago pola presenza de fume na cabina

Ecos da Comarca/Xeral

O persoal do Aeroporto de Lavacolla alertou ao 112 Galicia contra as 19:15 horas de onte, explicando que un avión con fume na cabina estaba a punto de aterrar de emerxencia no aeroporto compostelán. A bordo viaxaban 170 pasaxeiros e seis membros da tripulación e solicitaban a colaboración do persoal sanitario e dos bombeiros. Con todo, de inmediato o mesmo persoal confirmou que a aeronave puidera tomar terra sen problemas e que ninguén resultara ferido.

Desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros, á Policía Autonómica e á Policía Nacional, Local e aos voluntarios de Protección Civil de Santiago. Ao mesmo tempo, deuse aviso ao Servizo de Busca e Salvamento (S.A.R.) do Exército do Aire e do Espazo.


Chamada dun particular

Á mesma hora, un particular contactou co CIAE-112 Galicia desde Dodro e indicou que observara unha avioneta que deixaba un ronsel de fume e que parecía dirixirse á zona entre Rianxo e Noia.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así, activouse un operativo de busca no que tomaron parte Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de modo preventivo, a Garda Civil, os Bombeiros de Boiro e de Ribeira, o GES de Padrón, a Policía Local de Rianxo e o S.A.R. Informouse á Garda Civil de Tráfico, aos voluntarios de Protección Civil de Rianxo e aos axentes da Policía Autonómica.


O persoal do Aeroporto de Santiago indicou pouco despois que podía tratarse da mesma incidencia do avión, pois a hora e a traxectoria dos incidentes coinciden. Ademais, non había constancia de ningunha avioneta pola zona e, por tanto, os servizos de emerxencia retiráronse gradualmente das tarefas de busca.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page