top of page

Un autobús escolar envorca en Lalín con 40 persoas

Todas atópanse en bo estado de saúde e fóra do vehículo


Ecos da Comarca/Lalín

AXEGA informa dun accidente cun autobús escolar envorcado na EP6002, en Lalín. Os pasaxeiros, unhas 40 persoas entre alumnos e docentes, atópanse en bo estado de saúde e fóra do vehículo.


Malia o estado no que quedou o vehículo, envorcado lateralmente, os rapaces e rapazas de entre 12 e 16 anos que viaxaban no interior xunto cos seus docentes puideron saír do vehículo polos seus propios medios. Iso si, algúns deles recibiron algún golpe, polo que recibiron asistencia dos profesionais médicos.

O autobús envorcado. Autor: Emerxencias Lalín.

Segundo os datos recollidos no 112 Galicia, este sinistro produciuse na EP-6002, en Viñoa, Lalín, ás 9:30 horas desta mañá, cando os alumnos e o profesorado acudían a unha visita fóra do seu centro, o Instituto de Forcarei. Por razóns que aínda se descoñecen, no camiño entre a Estación de Viñoa e Botos, o autocar desequilibrou e envorcou sen que ninguén quedase atrapado.

Con todo, dous rapaces e un adulto sufriron pequenas lesións, cortes e golpes, dos que foron atendidos polos equipos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se dirixiron ao lugar do accidente logo de recibir a alerta no 112 Galicia.

Ademais, ao lugar acudiron os Bombeiros de Deza, GES de Lalín, Garda Civil Tráfico, Policía Local, efectivos de Protección Civil de Lalín e servizo de mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas. Cómpre indicar que toda a pasaxe ía protexida cos sistemas de retención obrigatorios.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page