Un autobús atropelou a catro persoas cando manobraba nas proximidades dunha discoteca
- ecosdacomarca

- 13 sept 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un autobús atropelou a catro persoas cando manobraba nas proximidades dunha discoteca en Pontecesures, tal e como informa o 112. Sufriron contusións e foron evacuadas en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Diversos particulares contactaron co 112 Galicia pasadas as 6:30 horas e explicaron os feitos: varias persoas que estaban esperando o autobús na zona dunha discoteca de Pontecesures acababan de ser atropeladas por este vehículo, cando realizaba manobras.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo para o que se solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e do GES de Padrón.
Publicidade
Os medios chegaron rapidamente ao punto e confirmaron que catro persoas resultaran feridas. Todas elas foron evacuadas ao complexo hospitalario compostelán.







Comentarios