Un atropelo no centro urbano de Melide sáldase cunha muller ferida
- IsmaelRS

- 26 jul 2022
- 1 Min. de lectura
IsmaelRS/Melide

Esta mañá produciuse un accidente sobre as 9:25 horas, no núcleo urbano de Melide, máis concretamente na rotonda central que une a Rúa do Progreso con Arzúa, no suceso víronse implicados un vehículo e un peón, o cal foi atropelado polo mesmo, dando como resultado unha muller ferida leve, segundo indicou o 112 Galicia.
A voz de alarma deron os servizos sanitarios que se atopaban no lugar.
Con estes datos, o 112 Galicia informou dos feitos á Policía Local, aos efectivos de Protección municipal e aos Bombeiros de Arzúa. Finalmente, foi necesario o traslado en ambulancia ao centro de referencia, tal e como comenta o Equipo Municipal de Protección Civil con feridas de carácter leve.







Comentarios