Un atropelo na localidade de Melide mobiliza o helicóptero medicalizado do 061
- IsmaelRS
- 24 may 2022
- 1 Min. de lectura
IsmaelRS/Terra de Melide

O 112 Galicia rexistrou esta mañá un atropelo na N-547, ao paso por Melide, cuxo afectado necesitou a evacuación urxente en helicóptero medicalizado.
Contra as doce deste mediodía, o ferido foi localizado nunha cuneta por un viandante, que chamou decontado ao número único de emerxencias.
Cos datos facilitados, o persoal do 112 Galicia puxo en marcha os protocolos necesarios para a atención da persoa afectada, como son os recursos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron un equipo a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, e os axentes da Policía Local. Precisamente, os membros de seguridade trataron de aclarar o acontecido e confirmaron que o home foi atropelado por un vehículo cuxo condutor estaba presente e localizado.
Ademais, avisouse á Garda Civil e aos equipos de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía.
Tras recibir os primeiros coidados no lugar do accidente, o doente foi evacuado no helicóptero ao Hospital Clínico de Santiago.
Comments