top of page

Unha alumna do IES Pintor Colmeiro de Silleda recibe un premio ao esforzo e á superación persoal

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Estes galardóns que convoca a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, recoñecen a capacidade de superación do alumnado que estudou 4º ESO


Ecos da Comarca/Silleda

Un total de 20 estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) veñen de resultar galardoados cos premios da Xunta de Galicia ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2020/21, tal e como publica o Diario Oficial de Galicia. Nas comarcas figura unha alumna do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda.


Estes galardóns que cada ano convoca a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, recoñecen a capacidade de superación destes alumnos que estudaron nese curso 4º de Secundaria e conseguiron superar as súas dificultades de tipo persoal, educativas ou do contorno familiar ou sociocultural, no marco dun ensino comprensivo e integrado. Para tal fin, a Consellería destina un total de 16.000 euros para estes premios a razón de 800 euros por cada un dos 20 galardóns que se conceden.

Cómpre subliñar que o obxectivo final destes galardóns é que os premiados sexan un exemplo para compañeiros e compañeiras en situacións similares, poñendo en valor o especial esforzo que supón acadar o éxito na escola para os estudantes que proceden de contornos socioculturais desfavorecidos, de contornos familiares disfuncionais, en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal ou a súa inserción social.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page