Ecos da Comarca/Xeral
Os servizos sanitarios trasladaron ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela aos tres feridos.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente a través das chamadas de diversos particulares os cales indicaban que acabábase de producir unha colisión por alcance entre varios vehículos na AP-9, ao seu paso pola parroquia compostelá do Castiñeiriño a poucos minutos das 14:30 horas da tarde.
Publicidade
Deste xeito, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia, alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos bombeiros de Santiago de Compostela, á Garda Civil e aos axentes da Policía Local.
Publicidade
Xa no punto, os servizos de emerxencia, confirman ao 112 Galicia que finalmente, foron tres turismos implicados no accidente e tres persoas foron trasladadas ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.
Comments