top of page

Un accidente múltiple en Guitiriz deixa unha persoa falecida e tres feridas

Ecos da Comarca/Xeral

Nas últimas horas produciuse un accidente mortal en Galicia. O suceso tivo lugar no concello de Guitiriz que se saldou cunha persoa falecia e tres feridas. En concreto, tal e como informa o 112 Galicia, a persoa que viaxaba nun dos vehículos como acompañante do condutor falecido, resultou ferida de consideración e tivo que ser excarcerada polos Bombeiros. As outras dúas persoas resultaron feridas de carácter leve, de feito, rexeitaron o traslado sanitario. 

Un dos coches afectados. Autor: Guardia Civil
Un dos coches afectados. Autor: Guardia Civil

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 21:00 horas, grazas á chamada dun particular que informaba dun accidente grave na A-6, quilómetro 530, en Trasparga, no concello lucense de Guitiriz, con varios coches implicados e posiblemente con persoas atrapadas no interior dos vehículos. 


De inmediato, os xestores do 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061,  aos Bombeiros de Vilalba, aos membros do GES Friol-Palas, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. 


 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Unha vez no punto, os axentes de Tráfico confirmaron que eran tres coches os implicados e que unha das persoas estaba atrapada nun dos turismos. 


Así mesmo o indicaron os Bombeiros, que tiveron que facer uso do material de excarceración para liberar á acompañante do condutor falecido, tras quedar atrapada no interior do vehículo. 


Tras ser liberada, foi evacuada polo persoal sanitario. Igualmente, os sanitarios, atenderon no punto a outras dúas persoas, que resultaron feridas de carácter leve e que rexeitaron o traslado. 


Desde o 112 Galicia tamén se informou ao servizo de mantemento da vía  e ao persoal do Grupo de Intervención Psicóloxica en Catástrofes e Emerxencias, por se fose precisa a súa intervención. 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page