top of page

Un accidente entre un coche e unha moto en Arzúa sáldase cunha persoa ferida

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Arzúa

Onte, sábado, tivo lugar un accidente na localidade de Arzúa. No sinistro víronse implicados un coche e unha moto e saldouse cunha persoa ferida.


O suceso ocorreu na estrada N-547, á altura do quilómetro 64, en concreto na Avenida de Lugo, en pleno casco urbano de Arzúa, tal e como informa o 112 Galicia que foi alertado por un particular ao redor das oito da tarde.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Na chamada indicaban que unha persoa, en concreto o motorista, precisaba asistencia médica. E tempo despois, confirmaron que fora trasladado ao Complexo Hospitalario Univesitario de Santiago de Compostela (CHUS).


O 112 alertou a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e ao Servizo de Mantemento da Estrada.

Preme na imaxe para contactar connosco.

Cabe mencionar que onte non foi o único accidente cun motorista ferido nas comarcas, xa que horas antes produciuse outro sinistro no municipio de Melide. Máis información deste suceso no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-motorista-ferido-leve-nun-accidente-en-melide

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page