Un accidente entre un coche e unha moto deixa dúas persoas feridas, unha delas excarcerada
- ecosdacomarca

- 15 oct 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un accidente entre un coche e unha moto ocorrido na PO-548, ao seu paso por Dimo (Catoira), deixou dúas persoas feridas esta mañá. O suceso produciuse sobre as 10:45 horas, momento no que o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que solicitaba asistencia para os implicados.

Os feridos foron o motorista e o copiloto do turismo, e, para liberar a este último, foi necesario empregar material de excarceración, xa que quedou atrapado no vehículo. Ambos foron trasladados a un centro hospitalario para recibir asistencia sanitaria.
Publicidade
Desde a sala de operacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia solicitouse a intervención neste operativo do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Padrón, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil.







Comentarios