top of page

Un accidente con tres vehículos implicados deixa dúas persoas feridas na Estrada

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Un accidente entre tres vehículos na Estrada sáldase con dúas persoas feridas. Ocorreu no quilómetro 13 da PO-841, en Couso, e a circulación permaneceu cortada durante os traballos dos servizos de emerxencias.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Varios particulares chamaron para informar dos feitos ao 112 Galicia pasadas as 13 horas, e apuntaban que todos os feridos permanecían liberados e accesibles.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Entón, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activaron un operativo para o que solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do Servizo de Emerxencias A Estrada, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada. Ao mesmo tempo, informouse aos Bombeiros de Silleda e á Policía Local da Estrada.


Publicidade

Unha vez finalizada a súa intervención, os profesionais sanitarios confirmaron que evacuaron a dous feridos ao centro hospitalario de referencia a bordo dunha ambulancia.


 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page