"A cadea de contaxio deste positivo non garda relación cos campamentos. Sae do seu ámbito familiar a cadea de contaxio", aclara o alcalde
Laura Moure/Rodeiro
Onte, mércores, realizouse un cribado entre os asistentes aos campamentos que organiza o Concello de Rodeiro en horario de mañá e tarde tras detectarse un positivo. Tal e como acaba de informar o alcalde do municipio, Rubén Quintá, como resultado saíu un único positivo das 40 PCRs que se fixeron en total.
O cribado realizado aos participantes no campamento de Rodeiro.
Autor: Rodeiro Alcaldía.
"A cadea de contaxio deste positivo non garda relación cos campamentos. Sae do seu ámbito familiar a cadea de contaxio. Por iso que no que se refire aos asistentes ás actividades de mañá e tarde dicir que está todo controlado e que por sorte, todo se quedou nun susto. O problema sería maior se apareceran novas cadeas de contaxio, cousa que non aconteceu", aclara o mandatario.
Número de casos no municipio
A evolución dos casos de Covid en Rodeiro, tal e como informa Quintá, é:
Total casos positivos onte martes e hoxe: catro.
Casos activos en total: 10.
Comments