top of page

Ulloa Viva pide dende a Finca de Quintas que se denegue a concesión de augas e a AAI a Altri

Ecos da Comarca/Palas de Rei

A Plataforma Ulloa Viva celebrou hoxe un acto no punto exacto onde Altri "pretende desangrar Galicia, esixímoslle á Xunta que desoia a Greenfiber cando lle pide lealdade", recalca o colectivo e engade que "a lealdade dun goberno debe estar co seu pobo: coas galegas e galegos que xa dixemos, alto e claro, que o noso futuro non pasa pola instalación desta macrocelulosa".

Recalca Ulloa Viva que "pedimos que se deneguen a concesión de augas e a Autorización Ambiental Integrada (AAI). Sobran argumentos e datos técnicos para facelo. E dende este lugar queremos enviar tamén unha mensaxe clara aos promotores: Gañará a vida".

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Diante da finca de Quintas colocaron unha faixa co lema “Gañará a vida” e un corazón elaborado integramente con flores silvestres.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

"Queremos deixar claro, precisamente iso: que gañará a vida, por moitas alegacións que presente Altir e por moitos oídos xordos que faga a Xunta".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page