top of page

Ulloa Viva pide á Xunta que paralice a tramitación de Altri diante das advertencias da Unión Europea

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Sinala que "o estado do encoro de Portodemouros incumpre a normativa comunitaria e ten que mellorar antes de 2027 para adaptarse á Directiva Marco"


Ecos da Comarca/A Ulloa

A Plataforma Ulloa Viva demanda á Xunta de Galicia a inmediata paralización da tramitación que está a levar a cabo do Proxecto Gama (Altri e Greenfiber) para a instalación dunha macrocelulosa en Palas de Rei. Diante da resposta da Unión Europea feita pública esta mesma semana, Ulloa Viva sinala que o estado do encoro de Portodemouros, (do que Altri ten solicitada unha captación de 46 millóns de litros de auga diarios e un verquido de 30 millóns de litros ao día) fai incompatible a macrocelulosa co cumprimento da Directiva Marco da Auga da Unión Europea.


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

Ademais a Plataforma pide que non se concedan os fondos PERTE a un proxecto que "causará un deterioro significativo e irreversible á auga do río Ulla e ós ecosistemas dependentes. O feito de que Bruxelas considere de entrada que este proxecto ten que pasar pola avaliación do artigo 4.7 da DMA, é que consideran que vai causar un dano

significativo á masa de auga, e polo tanto, non podería ser candidata aos PERTE de descarbonización”.

O encoro esta semana á altura da Ponte de Agra, entre Santiso e Agolada.

A UE vén de advertir, nunha resposta do Comisario Europeo de Medio Ambiente, Virginijus Sinkevičius, que o estado do encoro de Portodemouros é “inferior a bo” e incumpre a

Directiva Marco da Auga 2000. "A pretensión de Altri de captar auga de Portodemouros e o posterior verquido de 30 millóns de litros de auga diarios “tratados” con químicos e a 27

graos de temperatura, “provocaría un dano que faría imposible que esta masa de auga cumpra antes de 2027 a normativa comunitaria”.

Dende a Plataforma Ulloa Viva, expertos en materia de augas destacan que un dos aspectos máis relevantes na aplicación da Directiva Marco das Augas (DMA) en relación coa conservación da auga e dos ecosistemas acuáticos e ribeiregos asociados, céntranse

no “principio de Non Deterioro”. Este principio obriga ás administracións responsables a recuperar o bo estado (nos ríos, lagos) ou potencial estado (nos encoros) nas masas de

auga afectadas polo deterioro.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Ademais os expertos de Ulloa Viva explican que o Comisario Europeo de Medio Ambiente, Virginijus Sinkevičius afirmou que este proxecto debería de someterse a unha avaliación

completa do artigo 4.7 da DMA, “polo que xa deu por sentado que a actuación que pretende Altri suporá un deterioro das masas de auga, sendo, polo tanto, de obrigado cumprimento esta avaliación en profundidade no Plan Hidrolóxico da Bacía do Ulla”.


Plan hidrolóxico

Os técnicos de Augas da Plataforma Ulloa Viva lembran que o Plan Hidrolóxico vixente da demarcación hidrográfica Galicia Costa (PHG-C) é o do ciclo 2021-2027, e xa foi aprobado

polo Real decreto 48/2023, do 24 de xaneiro. “Por aquelas datas, xa era coñecido pola

administración autonómica a existencia deste proxecto, pero non se publicou ninguna

avaliación en profundidade do mesmo no PHG-C, e ata o ano 2028 non terá que sair á luz

un novo plan hidrolóxico”.


Ademais Ulloa Viva lembra que segundo a Directiva Marco das Augas aprobada no ano 2000 tódalas masas de auga deberían estar en bó estado no 2015. No caso do encoro de

Portodemouros leva xa dúas prórrogas para acadar ese “potencial bo estado”, e o 2027 é a data tope para cumprir coa normativa ou o Estado español será sancionado por Bruxelas, “e será a cidadanía a que pague a multa pola falta de acción das administracións e pola actividade nociva dunha macrocelulosa que pretende instalarse a toda costa neste espazo sen ter en conta os informes que alertan do seu estado”.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Diante desta situación, a Plataforma Ulloa Viva demanda da Xunta de Galicia “que poña fin

a este despropósito” da macrocelulosa que Altri quere instalar en Palas de Rei “non só en contra dos veciños e veciñas senón mesmo tamén en contra da legalidade”. Ademais a

Plataforma advirte que xa alertou en Bruxelas o pasado mes de abril de que o proxecto

“incumpre ata 7 directivas comunitarias”. Nun completo informe, feito por expertos en distintos eidos coma o medioambiental, socioeconómico ou patrimonial, Ulloa Viva denunciou nas institucións comunitarias que o proxecto da celulosa en Palas de Rei vulnera a Directiva de nitratos, a Directiva marco da auga 2000/60/CE, a Estratexia da biodiversidade 2030, a Estratexia “de la granja a la mesa”, a nova Directiva na calidade do

aire, a Directiva de hábitats ou a Directiva de aves.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page