Membros da plataforma mantiveron hoxe en Santiago un encontro co secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez
Ecos da Comarca/A Ulloa
A Plataforma Ulloa Viva mantivo hoxe en Santiago, na sede da Xunta de Galicia, un encontro co secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez Iglesias. ao encontro asistiron Zeltia Laya e Marcial Barral. Osmembros de Ulloa Viva aproveitaron este primeiro encontro oficial que a Plataforma ten conun representante do goberno galego para alertar sobre “os informes incorrectos e o estudos erróneos” que a empresa Altri está a tramitar diante da Xunta para pedir as autorizacións para a súa macrocelulosa en Palas de Rei.
Diante desta “barbariedade contra a auga, o aire, a economía, a cultura e o benestar dos veciños e veciñas da zona afectada, pedímos de novo (esta vez en persoa por primeira vez) á Xunta de Galicia que paralice a tramitación do proxecto de Altri e Greenalia". Os representantes de Ulloa Viva acudiron a este encontro co secretario xeral de Industria logo de ter enviado a Plataforma numerosas peticións ao longo dos últimos meses a distintos estamentos da Xunta para “sermos recibidos, escoitados e tratados coma veciños e veciñas da zona afectados e preocupados” diante desta instalación dunha macrocelulosa no corazón de Galicia que, segundo lembraron Laya e Barral ao secretario xeral de Industria “todos os informes dos técnicos e expertos avalan que suporá a destrución do noso medio ambiente, a nosa economía local sostible, o noso modo de vida e a nosa saúde e a dos nosos fillos e fillas”.
A Plataforma Ulloa Viva acudiu a este encontro “co único obxectivo de que a Xunta de Galicia nos informe aos veciños e veciñas afectadas do que está a acontecer arredor deste
proxecto de Altri”. Segundo lle explicaron os membros de Ulloa Viva ao secretario xeral de
Industria “comezamos coñecendo por titulares de prensa esta suposta biofábrica fai dous
anos, levamos dous anos pedindo que o goberno galego nos informe, agora cos datos
publicados no Diario Oficial de Galicia o que queremos e saber si a Xunta está co que a
veciñanza expresou nas rúas e nas 23.000 alegacións, ou está do lado da empresa”.
Cos datos oficiais do proxecto en tramitación, que falan de 46 millóns de litros de auga ao
día de captación, 30 millóns de litros diarios de verquido, unha celulosa de 366 hectáreas,
que vai a producir 400.000 toneladas de celulosa, contaminar o noso aire con emisións
dende unha cheminea de 75 metros e que vai botar 60 toneladas de sulfatos á auga do
Ulla, os representantes de Ulloa Viva preguntaron ao secretario xeral de Industria “cal é o
estado no que se atopan as tramitacións administrativas dun proxecto que a todas luces a nivel técnico non cumpre coa normativa vixente”. Laya e Barral reiteraron ao secretario xeralde Industria que a Plataforma conta con informes feitos e avalados por expertos en tódalasmaterias ás que afecta o proxecto (biólogos, xeógrafos, sociólogos, economistas e enxeñeiros), que foron entregados en Bruxelas, no Congreso dos Deputados e no Parlamento galego a todos os partidos, “informes que alertan das eivas deste proxecto, dos danos que pode provocar no territorio e do feito de que incumpre alomenos 7 directivas daUnión Europea”.
Publicidade
Explicacións
Tamén aproveitaron os membros de Ulloa Viva o encontro para cuestionar os pasos queestá a dar a empresa nos últimos meses, coma unha suposta bolsa de emprego que puxoen marcha Greenfiber para a macrocelulosa de Palas de Rei “que non ten, que saibamos,os permisos ambientais e legais que ten que concederlle en primeira instancia a Xunta deGalicia”. Laya e Barral afeáronlle á Xunta o feito de que as Oficinas de Emprego do gobernogalego teñan enviado esta oferta aos parados e paradas rexistradas, “unha bolsa deemprego dunha empresa privada, que non ten permisos e que como moito podería xerar emprego dentro de 4 anos no caso de que a súa tramitación siga adiante”.
Tamén pediron explicacións na Xunta os membros de Ulloa Viva polo feito de que no seu
informe a empresa fale de que un 25% da poboación de Palas de Rei é analfabeta ou non
ten estudos, e datos “falsos e ofensivos” semellantes nos concellos de Melide, Santiso e
Agolada. Ulloa Viva demandou do goberno galego neste senso “unha desculpa e unha
rectificación, porque están a tramitar un proxecto dunha empresa que insulta e minte sobre
os veciños e veciñas”.
コメント